Saturday 04 de May de 2024

Coruña Smart City regalará tres tablets aos autores das tres mellores fotos que se reciban na web da Cabalgata Smart


O Concello anima a enviar as súas mensaxes aos Reis Magos a través do hashtag #CabalgataSmartCoruña

Coruña Smart City quere animar os coruñeses a achegarse ao proxecto de cidade intelixente que se está a desenvolver na cidade. Para iso premiará con tres tablets os autores das tres mellores fotos sobre a Cabalgata que os coruñeses compartan o mesmo día do desfile na web www.cabalgatasmartcoruna.es, o primeiro portal para seguir en directo o percorrido dos Reis Magos polas rúas da cidade.
As imaxes gañadoras serán elixidas polos Reis Magos tras finalizar o percorrido, e o nome dos gañadores colgarase na web CabalgataSmart esa mesma noite. Os afortunados terán un prazo dunha semana para recoller o seu premio nas oficinas de Emalcsa. Á hora de elixir as fotos gañadoras terase en conta a orixinalidade destas. O Concello invita a que todos os coruñeses que asistan ao desfile suban á web Cabalgata Smart Coruña os seus “selfies” e as imaxes que realicen cos seus smartphones durante o percorrido, e as compartan co resto dos asistentes utilizando para iso o hashtag#CabalgataSmartCoruña.
As bases do concurso pódense consultar na web Cabalgata Smart Coruña, en activo dende o 1 de xaneiro. Ao entrar, os usuarios encontraranse cun contador co tempo de desconto que falta para que os Reis Magos fagan a súa entrada na cidade, o próximo luns 5 de xaneiro. Ademais, a través desta web pódese acceder ao portal de Coruña Smart City, onde se pode obter máis información sobre o proxecto de cidade intelixente que se está a desenvolver na Coruña e coñecer mellor os 14 proxectos piloto que se están a executar.
Baixo o lema Cabalgata Smart, máis máxica aínda, a páxinawww.cabalgatasmartcoruna.es permitirá facer un seguimento do percorrido das carrozas en tempo real, tanto dende os smartphones coma dende o ordenador, dende a chegada das súas Maxestades ao campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, ás 17.30 horas, ata a súa chegada a María Pita. Así, a través dun mapa da cidade, os usuarios poderán ver como avanza a cabalgata e en que rúa se encontran Melchor, Gaspar e Baltasar. A Cabalgata terá lugar o luns 5 ás 18.00 horas. Sairá dende a avenida de Salvador de Madariaga e a rúa de Alcalde Pérez Ardá, para realizar un percorrido de aproximadamente tres horas por Santiago ReiFernández Latorre, Catro Camiños, custa da Palloza, avenida de Primo de Rivera, Liñares Rivas, Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, avenida de La Marina e Montoto, rotonda PuertaReal, rúa de María Barbeito e a praza de María Pita.
A acción enmárcase dentro das actividades de promoción deCoruña Smart City. Trátase de achegar o proxecto de cidade intelixente aos coruñeses e de facelo a través de aplicacións que garden relación co seu día a día, ou con momentos especiais do ano, como é o caso da Cabalgata de Reis. A web súmase ao resto de actividades que programou a Concellaría de Cultura para o acto máis importante do nadal coruñés. Este ano a Cabalgata contará con máis de 1.000 figurantes e estará ambientada nos contos infantís e os seus personaxes. Contará con 13 carrozas, 8 treneciños e 6 compañías de animación. Ademais, repartiranse 8.000 quilos de caramelos.
O proxecto Coruña Smart City, iniciativa do Concello da Coruña e Emalcsa como solicitante, conseguiu, coa súa novidosa proposta, un cofinanciamento dun 80% dos fondos FEDER, para un total de 11,5 millóns de euros. O proxecto deseñouse en dúas fases, a primeira fase, adxudicada en abril do ano pasado á UTE formada por Altia, Ilux, Indra e R, consistiu no deseño e posta en marcha da plataforma tecnolóxica, á que se chama o cerebro da cidade.
Os 10 pilotos que se encontran en fase de execución son: o piloto de párking intelixente, eventos multicanles, sistema de calidade de augas e alerta temperá, telexestión de contadores, telexestión de redes de abastecemento, eficiencia enerxética en edificios municipais, rego intelixente, sistema de visitas guiadas, administración electrónica, sistema de calidade de aire e ruído, mellora enerxética na ETAP da Telva e do optimización do tráfico. Os 14 proxectos piloto completaranse coa adxudicación dos pilotos o de interacción cidadá e o proxecto BIO.
Dende a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos como o de Mejor iniciativa dunha administración por parte dos Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia; pero tamén por parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; o recoñecemento da Fundación Lintel; a declaración como Cidade da Ciencia e a Innovación; ser elixida 1 das 6 finalistas de entre as 200 iniciativas presentadas, na categoría de proxectos dos World Smart Cities Awards, consolidando A Coruña como unha cidade referente do noroeste español; ou máis recentemente, Mención de Honra á mellor Compra Pública Innovadora 2014 por parte da Comisión Europea que recoñece os procesos de contratación e compra de servizos e produtos máis innovadores de Europa.